Las Mariñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Las Mariñas
editar datos en Wikidata ]

Las Mariñas foi un semanario editado en Bergondo entre 1886 e 1893.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico de intereses generales, apareceu o 21 de maio de 1886. Semanario de tendencia católica e tradicionalista. Estaba dirixido por Hipólito Codesido Sánchez. Entre os seus redactores e colaboradores figuraron José María Montes, Juan Gómez Navaza, A.B. Llano, A. Campos, José García Acuña e "P.T. Nera". Incluíu noticias relixiosas e organizou dous certames literarios en 1886 e 1887. Cesou a súa edición en 1888.

Segunda etapa[editar | editar a fonte]

Deixou de editarse durante algúns anos, iniciando unha segunda etapa o 2 de outubro de 1892 co subtítulo Periódico independiente de intereses generales con Juan Gómez Navaza como director. Cesou a súa edición o 5 de novembro de 1893.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]