La Nación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Nación
LaNación-Portada-PlusUltra.png
Unha portada vella do xornal.

La Nación é un xornal matutino de Arxentina, editado na cidade de Bos Aires. Foi fundado polo ex-presidente Bartolomeu Mitre e o seu primeiro exemplar publicouse o 4 de xaneiro de 1870. De formato "saba", é o segundo diario en cantidade de circulación no país.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao seu primeiro director e fundador sucedérono os seus fillos, Bartolomeu Mitre y Vedia e Emilio Mitre. Este último creou S.A. La Nación en 1909, a cal segue sendo a sociedade propietaria do diario. Entre 1909 e 1912 os co-directores foron os netos do fundador, Luís e Jorge. Logo o primeiro presidiría o directorio, e o segundo sería director xornalístico. En 1932 Luís Mitre asume ambas as funcións, que mantén ata a súa morte en 1950. Desde entón ata a súa morte en 1982 o diario sería conducido por Bartolomeu Mitre, bisneto do fundador, e desde 1982 ata o presente (2007) por Bartolomeu Mitre, tataraneto do fundador.

É visto polo xeral como un dos diarios arxentinos máis prestixiosos e con maior traxectoria, que soubo ter unha continuidade no seu estilo e orientación ao longo do tempo. En xaneiro de 2007 conmemorou os seus 137 anos de publicación. Actualmente é o segundo diario en cantidade de circulación en Arxentina, detrás de Clarín.

A súa lema é: "La Nación será una tribuna de doctrina" (A Nación será unha tribuna de doutrina).

Orientación política[editar | editar a fonte]

De tendencia tradicionalmente conservadora, adoita ser a vía de expresión de sectores afíns á Igrexa Católica, ás Forzas Armadas e aos grandes produtores agropecuarios da Arxentina. Con todo, polas súas columnas e notas de opinión pasaron personalidades das máis variadas cores políticas.

La Nación en Internet[editar | editar a fonte]

En 1995 La Nación lanzou o seu sitio web, chamado inicialmente La Nación Line. Actualmente é o segundo sitio de noticias máis visitado da Arxentina, detrás da versión dixital de Clarín.

Seccións[editar | editar a fonte]

Actualmente o diario conta con 5 seccións fixas diarias:

  • Sección primeira: Política, información general, exterior, ciencia, opinión, etc.
  • Sección segunda: Economía.
  • Sección terceira: Deportes.
  • Sección cuarta: Espectáculos.
  • Sección quinta: Clasificados.

e 16 suplementos semanais:

  • Revista.
  • Tecnoloxía.
  • Ao volante.
  • Moda e Beleza.
  • Turismo.
  • Campo.
  • Enfoques.
  • Cultura.
  • Arquitectura.
  • Empregos.
  • Comercio Exterior.
  • Countries.
  • Propiedades.
  • Inmobles Comerciais.
  • Arte.
  • Saúde.
  • Comunidade (Mensual).

Na súa última páxina publícanse as tiras cómicas. Entre elas, as de Maitena e Liniers.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]