La Gaceta del Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Gaceta del Norte foi un xornal de Bilbao que se publicou desde o 11 de outubro de 1901 até o 6 de maio de 1984.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Era editado pola Editorial Vizcaína tiña a súa sede na rúa Henao nº 8 de Bilbao. Era de tendencia conservadora e monárquica e foi un diario de referencia na cidade durante anos. Cambiou de mans, e o 15 de novembro de 1984 volveu saír á rúa cun cambio moi profundo de imaxe e de liña editorial. Non tivo moito éxito e tras varios cambios de donos e de deseño, pechou definitivamente.