LDREX

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «LDREX 1»)

LDREX, acrónimo de Large-scale Deployable Reflector EXperiment, foi o nome de dous satélites artificiais xaponeses adicados á proba de novas tecnoloxías relacionadas cos satélites de comunicacións.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os dous satélites LDREX adicáronse a probar un modelo a escala de antena despregable a usar á súa vez no satélite de comunicacións experimental ETS 8. Fixeron tamén varios experimentos sobre problemas plantexados na futura misión de ETS 8. Os dous satélites LDREX foron construídos por NEC Toshiba Space Systems para a axencia xaponesa NASDA e tiñan unha masa total duns 180 kg. Ambos foron lanzados mediante foguetes Ariane 5, LDREX 1 o 20 de decembro de 2000 e posteriormente, tras fallar o mecanismo de despregue de LDREX 1, LDREX 2 o 13 de outubro de 2006, que cumplíu a súa misión con éxito.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2023). "LDREX" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "LDREX 1, 2" (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]