Saltar ao contido

Kunchan Nambiar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKunchan Nambiar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1705 Editar o valor em Wikidata
Palakkad (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1770 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua malayalam Editar o valor em Wikidata
Casa de Kunchan Nambiar

Kalakkathu Kunchan Nambiar (en malayalam: കുഞ്ചൻ നമ്പ്യാർ, kuñcan Nampyār), nado ca. 1700 e finado ca. 1770, foi un poeta de Kerala, creador dunha forma de arte local coñecida como ottamtullal, tamén está considerado o mestre da poesía satírica malayalam.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kunchan Nambiar pasou os seus primeiros anos en Killikkurussimangalam para pasar logo o resto da infancia en Kudamalur e a mocidade en Ambalappuzha. En 1748 mudouse á corte do rei Marttanda Varma de Travancore e continuou na do seu sucesor Dharma Raja.

Obra[editar | editar a fonte]

Nambiar popularizou unha arte de actuar que recollía unha tradición anterior pero á que lle deu un novo estilo cunha narración en verso, baseada en mitos da tradición sánscrita,[1] con música de fondo e movementos de baile, e que se converteu en popular en Kerala, co nome de ottamthullal. Nas súas composicións, unhas corenta,[2] utilizou o malayalam popular oposto ao malayalam sanscritizado que se utilizaba no chakyar koothu. Tamén adoptou moitos elementos do Padayani e do Kolam Tullal e certas outras tradicións locais. Cada composición para o ottamthullal consistila dun conto local purana seguindo un verso rítmico simple e sempre o humor e a sátira como o sentimento dominante nas súas composicións. Tamén escribiu unha obra do xénero épico, Shrikrishnacharitam manipravalam, unha das primeiras en malayalam.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Judy Wakabayashi e Rita Kothari (2009) Decentering Translation Studies: India and Beyond John Benjamins Publishing, p. 37
  2. S. C. Bhatt (2005) Land and People of Indian States and Union Territories, vol. 14: Kerala. Gyan Publishing House, p. 164
  3. Amaresh Datta (1988) Encyclopaedia of Indian Literature: Devraj to Jyoti, vol. 2 Sahitya Akademi, p. 1184