Kosmos 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 4
Tipo Satélite de recoñecemento.
Destino actual Reentrado na atmosfera.
Data de lanzamento 26 de abril de 1962, 10:02 UTC[1][2][3][4]
Foguete portador Vostok-K[2][5]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Baikonur[2]
Duración da misión 3 días[1][3]
Obxectivo da misión Medición da radiación procedente das probas nucleares norteamericanas do proxecto Starfish.[2]
Decaemento 29 de abril de 1962[1]
NSSDC ID 1962-014A
Masa 4600 kg[2][6]

Kosmos 4 (Космос 4 en ruso), mencionado ocasionalmente como Sputnik 14 en occidente, foi un satélite artificial soviético lanzado o 26 de abril de 1962 mediante un foguete Vostok-K desde o cosmódromo de Baikonur.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 4 foi o primeiro satélite de recoñecemento soviético en ser posto en órbita con éxito. Pertencía á serie de satélites Zenit-2.[3][6]

A misión do satélite foi medi-la radiación procedente das probas nucleares norteamericanas do proxecto Starfish e realizar probas de recoñecemento fotográfico mediante cámaras a bordo. O satélite estaba deseñado para regresar a terra e permitir a recuperación da película fotográfica.[2][6]

Misión[editar | editar a fonte]

Tra-la posta en órbita producíronse fugas nos tanques de oxíxeno usados para a orientación do satélite, o que producíu a decisión de facelo retornar prematuramente, tras tres días en órbita. Aínda que durante a maior parte do tempo o satélite foi incontrolable, o retorno e exame do material fotográfico servíu para determina-lo rendemento das cámaras de a bordo.[6][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "COSMOS 4 (SPUTNIK 14)" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=287. Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Cosmos 4" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1962-014A. Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Kosmos 4" (en inglés). 2011. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1962.html#Kosmos-4. Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
  4. "ASTRONAUTICAL AND AERONAUTICAL EVENTS OF 1962" (PDF). REPORT OF THE NATIONAL AERONAUTICS AND SPACE ADMINISTRATION TO THE COMMITTEE ON SCIENCE AND ASTRONAUTICS U.S. HOUSE OF REPRESENTATIVES EIGHTY-EIGHTH - CONGRESS FIRST - SESSION: 61. 12 de xuño de 1963. http://history.nasa.gov/AAchronologies/1962.pdf.
  5. 5,0 5,1 "Zenit-2 (11F61)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/zenit-2.htm. Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Zenit-2" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/zenit2.htm. Consultado o 9 de xaneiro de 2012.