Kalle Anka-partiet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kalle Anka-partiet
Tipopartido político
Ideoloxíapartido político zuado
Nomeado en referencia aPato Donald
SedeSuecia
PaísSuecia
editar datos en Wikidata ]

O Kalle Anka-partiet, que en sueco quere dicir Partido do Pato Donald en referencia ao parrulo da Disney, é un partido político de corte humorístico de Suecia que obtén votos sen existir realmente. Durante moito tempo non estivo rexistrado nin tivo líderes ou membros, até que Bosse Persson inscribiu o nome xunto con outros partidos. Con todo, el é o seu único membro. No seu mellor resultado, o Partido do Pato Donald obtivo votos write-in (co nome do partido escrito manualmente na papeleta) suficientes para ser teoricamente o 9º partido máis popular no país (en 1991, recibiu 1535 votos). Naquela convocatoria, o seu programa prometía basicamente "licor gratis e beirarrúas máis anchas".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]