Jumpseat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jumpseat foi unha serie de satélites de recoñecemento para detección electrónica dos Estados Unidos.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

A finalidade dos satélites Jumpseat era, traballando conxuntamente cos satélites P-801, monitorizar a actividade dos radares soviéticos de alerta de mísiles mediante a detección das súas ondas electromagnéticas e interceptar comunicacións mediante microondas.[1][2]

Os satélites eran lanzados mediante foguetes Titan IIIB en órbitas altamente elípticas, tipo Molniya. Eran fabricados por Hughes usando o bus HS-318, tiñan unha masa duns 700 kg e estabilizábanse mediante xiro. As informacións apuntan a que usaban unha gran antena despregable desacoplada en xiro con respecto do resto do satélite. Foron sucedidos polos satélites da serie Trumpet.[1][2]

Lanzáronse un total de sete satélites Jumpseat, aínda que debido á súa natureza secreta hai dúbidas de se a partir do número cinco se trataban realmente de Jumpseat ou de satélites Quasar.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Jumpseat 1 21 de marzo de 1971 Titan 3B Agena D Éxito
Jumpseat 2 16 de febreiro de 1972 Titan 3B Agena D Fallo
Jumpseat 3 21 de agosto de 1973 Titan 3B Agena D Éxito
Jumpseat 4 10 de marzo de 1975 Titan 3B Agena D Éxito
Jumpseat 5 25 de febreiro de 1978 Titan 3B Agena D Éxito
Jumpseat 6 24 de abril de 1981 Titan 3B Agena D Éxito
Jumpseat 7 31 de xullo de 1983 Titan 3B Agena D Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2020). "Jumpseat" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Jumpseat 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]