José Antonio Alonso
| José Antonio Alonso | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 28 de marzo de 1960 | ||
| Lugar: | |||
| Falecemento: | |||
| Lugar: | , | ||
| Organización: | PSOE | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Voceiro do PSOE no Congreso (dende 2008) Ministro de Defensa (2006 - 2008) Ministro do Interior (2004 - 2006) |
||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Maxistrado | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
José Antonio Alonso Suárez, nado en León o 28 de marzo de 1960, é un político español.
Traxectoria [editar]
Amigo da infancia de José Luis Rodríguez Zapatero, con quen compartiu estudos básicos e superiores, estudou a carreira de Dereito na Universidade de León, e converteuse en xuíz en 1985, á temperá idade de 25 anos. En 1989, Alonso foi nomeado xuíz penal en Madrid, e pouco despois, maxistrado da Audiencia Nacional. Entre 1994 e 1998, foi o voceiro de Xuíces para a Democracia, e ten sona de ser un dos máis progresistas. Aínda así, tamén se recoñece que a súa profesionalidade sempre lle permitiu deixar a un lado as súas tendencias políticas ó tomar decisións xudiciais.
Antes das eleccións xerais de 2004, Zapatero, daquela líder do PSOE na oposición, instoulle a optar a un escano no Congreso, que finalmente gañou. Porén, Alonso, malia a ter un escano e ser nomeado Ministro do Interior e logo de Defensa, aínda non ten o carné de membro do Partido Socialista por incompatibilidade coa carreira xudicial.
Casado e cun fillo, Alonso participou en numerosos cursos universitarios e conferencias relacionadas coa linguaxe, a economía, as leis e a historia españolas. De feito, gústalle a filosofía e escribiu varios ensaios políticos.
En abril de 2006, a dimisión de José Bono como Ministro de Defensa levou aparellado o seu nomeamento para o cargo, deixando a carteira de Interior a Alfredo Pérez Rubalcaba. Co inicio da segunda lexislatura de Zapatero, Alonso abandonou o ministerio e fíxose cargo do posto de voceiro do grupo parlamentario socialista.
| Predecesor: Ángel Acebes |
Ministro do Interior 2004 - 2006 |
Sucesor: Alfredo Pérez Rubalcaba |
| Predecesor: José Bono |
Ministro de Defensa 2006 - 2008 |
Sucesor: Carme Chacón |
| Predecesor: Diego López Garrido |
Voceiro do PSOE no Congreso 2008 - Actualidade |
Sucesor: No cargo |