Jean Berko Gleason

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJean Berko Gleason

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jean Berko Editar o valor em Wikidata
1931 Editar o valor em Wikidata (92/93 anos)
Cleveland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Radcliffe College (pt) Traducir
Cleveland Heights High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseRoger Brown (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPsicolingüística Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , psicóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boston Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAndrew Gleason
Premios

Páxina webjeanberkogleason.com Editar o valor em Wikidata

Jean Berko Gleason, nada en Cleveland, Ohio, en 1931 é unha psicolingüista e profesora emérita do Departamento de Ciencias Psicolóxicas e do Cerebro da Universidade de Boston[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo contribucións fundamentais para a comprensión da adquisición da linguaxe na infancia, a afasia, as diferenzas de xénero no desenvolvemento da linguaxe e as interaccións pais-fillos.[2] Gleason creou o Wug Test, en que se mostra a un neno imaxes con nomes sen sentido e despois pídeselle que complete declaracións sobre eles. Utilizouno para demostrar que ata os nenos pequenos posúen coñecementos implícitos de morfoloxía lingüística. Menn e Ratner escribiron que "quizais ningunha outra innovación que a invención do magnetófono tivese un efecto tan indeleble no campo da investigación infantil da linguaxe", o "wug" (unha das criaturas imaxinarias que Gleason debuxou na creación do test) sendo "tan básico para o que [os psicolingüistas] saben que cada vez aparece máis na literatura popular sen atribución ás súas orixes".[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jean Berko Gleason, PhD Professor Emerita". Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Menn, Lise; Ratner, Nan Bernstein (2000). "In the Beginning Was the Wug". En Lise Menn; Nan Bernstein Ratner. Methods for Studying Language Production. Lawrence Erlbaum Associates. pp. 1–26. ISBN 978-0-8058-3033-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]