Jean-Denys Boussart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJean-Denys Boussart

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1940 Editar o valor em Wikidata
Liexa, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Morte10 de maio de 2017 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua valoa Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: d5644619-d736-424e-968e-4c444fb06b9e Editar o valor em Wikidata

Jean-Denys Boussart, nado en Liexa o 14 de febreiro de 1940 e finado na mesma cidade o 10 de maio de 2017, foi un escritor belga de expresión valoa.

Obra[editar | editar a fonte]

Publicou a colección de relatos Li rodje dame (1976); os poemarios: Li prumire voye (1966), Mi pårotche po ene noere çanse (1968), Li botike ås araedjas (1968); e a obra de teatro: Li grande cizete (1971). Textos seus apareceron na Anthologie de la litterature wallone de Maurice Piron (1979) e mais en Fleurs dialectales de Paul Charlier (1974). En francés publicou artigos sobre folclore e actualidade na revista Vlan e os volumes Liège de Simenon. Itinéraire Simenon. Promenade dans le Liège de Simenon, suivi de L'Itinéraire de Simenon en photos (1994) e Le jouet à Liège: de la Belle Epoque aux années 50 (2001).

Boussart foi contrario á creación dun estándar para o valón, amosándose asemade en contra da adquisición de novos espazos de uso para a lingua, que para el cumpría unha función folclórica.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pitite notûle so s' vicåreye en rifondou.walon.org