Jason (foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jason / Argo-E5
país de orixeEstados Unidos[1]
Tamaño
altura17,50 m[1]
diámetro0,58 m máximo[1]
masa3330 kg[1]
Etapas5[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
editar datos en Wikidata ]


Jason, tamén coñecido coa denominación Argo-E5, foi un foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido a finais dos anos 1950 e formado por cinco etapas.[1][2]

Jason foi desenvolvido pola Forza Aérea dos Estados Unidos para ser lanzado durante as probas nucleares da operación Argus e estudar os efectos da radiación a alturas de entre 700 e 800 km. Cada Jason estaba formado por unha primeira etapa Honest John, dous foguetes Nike como segunda e terceira etapas, un Recruit como cuarte etapa e un T-55 como quinta. Tiñan unha masa de 3330 kg, unha lonxitude de 17,5 m, un diámetro de 58 cm e eran capaces de chegar aos 800 km de altura. Todos os Jason, 22 en total, foron lanzados durante 1958. Foi sucedido polo foguete Javelin.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 Mark Wade (2011). "Jason sounding rocket" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Argo-E5 (Jason)" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]