Influencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O concepto de influencia refírese á habilidade para exercer un poder (en calquera das súas formas) sobre alguén, de parte dunha persoa, dun grupo ou dun acontecemento en particular.

Na sociedade, a influencia preséntase nas interrelacións de axentes humanos e móstrase claramente nos cambios de actitude que presenta un determinado grupo de persoas ás cales vai dirixida, tendo en conta o grao dos cambios determínase o grao de influencia exercida. No desenvolvemento da influencia preséntanse distintos factores que permiten a súa realización, como os recursos políticos cos que se conta ou a habilidade de persuasión e disuasión. A influencia utiliza métodos flexibles, entre os cales se destaca o poder de convencemento.

Segundo a teoría organizacional, maniféstase influencia cando na relación de axentes humanos xorde un líder notábel que, por carisma, autoridade ou notoriedade, é capaz de incidir en un ou máis individuos, quen se acollen ás decisións de dito líder.