Gorila Maguila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gorila Maguila é o nome dun show de debuxos animados producido por Hanna-Barbera entre 1964 e 1967 cun protagonista do mesmo nome. Os personaxes da serie eran animais debuxados por Hanna-Barbera. No caso concreto do protagonista, o Gorila Maguila, ía ataviado cun pantalóns curtos, un sombreiro pequecho e máis algúns accesorios. Maguila gañou popularidade no público infantil, chegando a aparecer en O clan de Yogui así como na nova serie de Adult Swim, Harvey Birdman, avogado.

Resumo[editar | editar a fonte]

O Gorila Maguila, pasa o tempo refocilando, comendo bananas e descansando na vitrina frontal da tenda de mascotas do señor Peebles, quen malia ter baixado considerabelmente o prezo de venda do Gorila, soamente consegue empaquetarllo aos distintos ladróns que botan man del para atracar bancos ou ás axencias que precisan, por estraños motivos, dunha mascota para os seus produtos. De calquera maneira, os compradores sempre terminan por devolver a Maguila, forzando ao pobre señor Peebles a lles devolver os cartos, que xa de por si non son gran cousa. No entanto, existe unha clienta que mostra o máximo interese na adquisición do gorila: a súa mellor amiga, Ogee, unha rapariga que lamentabelmente nunca ten diñeiro abondo para se facer con el.

Maguila Gorila noutras linguas[editar | editar a fonte]

  • Inglés: Magilla Gorilla
  • Portugués (brasilero): Maguila, o Gorila
  • Japonés: ゴリラのゴンちゃん (Gorira no Gon-chan)
  • Finés: Magilla Gorilla
  • Polaco: Goryl Magilla