Glutatión disulfuro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura do glutatión disulfuro (GSSG).
Número CAS: 27025-41-8.
Nome IUPAC: ácido (2S)-2-amino-5-[[(2R)-3-[(2R)-2-[[(4S)-4-amino-5-hidroxi-5-oxopentanoíl]amino]-3-(carboximetilamino)-3-oxopropil]disulfanil-1- (carboximetilamino)-1-oxopropan-2-il]amino]-5-oxopentanoico.

O glutatión disulfuro (GSSG) ou disulfuro de glutatión é un disulfuro derivado da unión de dúas moléculas de glutatión.[1] [2]

Nas células vivas o glutatión disulfuro redúcese a dúas moléculas de glutatión con equivlentes de redución procedentes do coencima NADPH. Esta reacción está catalizada polo encima glutatión redutase.[3] Encimas antioxidantes como as glutatión peroxidases e peroxirredoxinas xeran glutatión disulfuro durante a redución de peróxidos como o peróxido de hidróxeno (H2O2) e hiperperóxidos orgánicos (ROOH):[4]

2 GSH + ROOH → GSSG + ROH + H2O

Outros encimas, como as glutarredoxinas, xeran glutatión disulfuro por medio dun intercambio de tiol-disulfuros con pontes disulfuro de proteínas ou outros compostos de baixo peso molecular, como o coencima A disulfuro ou o ácido deshidroascórbico.[5]

2 GSH + R-S-S-R → GSSG + 2 RSH

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Meister A, Anderson M (1983). "Glutathione". Annu Rev Biochem 52: 711–60. DOI:10.1146/annurev.bi.52.070183.003431. PMID 6137189.
  2. PubChem compound [1]
  3. Deneke SM, Fanburg BL (October 1989). "Regulation of cellular glutathione". Am. J. Physiol. 257 (4 Pt 1): L163–73. PMID 2572174.
  4. Meister A (1988). "Glutathione metabolism and its selective modification" (PDF). J Biol Chem 263 (33): 17205–8. PMID 3053703. http://www.jbc.org/cgi/reprint/263/33/17205.pdf.
  5. Holmgren A, Johansson C, Berndt C, Lönn ME, Hudemann C, Lillig CH (December 2005). "Thiol redox control via thioredoxin and glutaredoxin systems". Biochem. Soc. Trans. 33 (Pt 6): 1375–7. DOI:10.1042/BST20051375. PMID 16246122.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]