Gaiola de seguridade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaiola de seguridade dun Renault Mégane R26.R

Unha gaiola de seguridade[1] (tamén coñecida polo nome de barras antienvorcadura[2] ou barras antienvorco[3]) é un marco metálico construído dentro ou arredor da cabina dun vehículo, cuxo obxectivo é protexer os pasaxeiros se houber un accidente, especialmente no caso de envorcadura. Ademais de seren un sistema de seguridade, tamén aumentan a rixidez do chasis. As gaiolas de seguridade son empregadas na meirande parte dos automóbiles de carreiras.

Os automóbiles de tipo cabriolé acostuman ter unhas pequenas barras antienvorco colocadas detrás do asento do condutor e dos acompañantes como sistema de seguranza. Ás veces estas barras teñen forma de arco. Nalgúns casos poden estar agochadas no interior do vehículo e saíren ó exterior cando un sensor detecta unha posible envorcadura. O marco do parabrisas tamén acostuma estar reforzado e serve como parte do sistema antienvorco.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]