GNU

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Logo do Proxecto GNU
Richard Stallman

O GNU (siglas de GNU is Not Unix) é un proxecto informático ideado por Richard Stallman co obxectivo de crear un sistema operativo completo compatible con UNIX e libre: o sistema GNU.

O 27 de setembro de 1983 anuncióuse publicamente o proxecto por primeira vez no grupo de noticias net.unix-wizards. Ó anuncio orixinal, segueron outros ensaios escritos por Richard Stallman como o Manifesto GNU, que estableceron as súas motivacións para iniciar o proxecto, entre as que destaca "retornar o espírito de cooperación que prevaleceu nos tempos iniciais da comunidade de usuarios de computadoras".

O proxecto GNU leva producido unha morea de programas en código aberto e licenza copyleft, coma o compilador gcc, Latex, etc., sendo unha gran parte do software que conforma o sistema operativo GNU/Linux, pero que están dispoñibles tamén para moitas outras plataformas.

[editar] Lema

Richard Stallman, o seu creador, publicouno baixo esta condición: "Cólleo pero, se o melloras, distribúeo tí tamén."

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais