Fray Bentos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 33°7′29″S 58°18′1″W / 33.12472°S 58.30028°W
| Fray Bentos | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | Uruguai |
| Departamento: | Río Negro |
| Xeografía | |
| Altitude: | 23 msnm |
| Poboación | |
| Poboación total: | 25.031 hab. (2006) |
| Información | |
| Código postal: | 65000 |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | http://fraybentos.derionegro.com.uy |
Fray Bentos é unha cidade da República Oriental de Uruguai e é a capital do departamento de Río Negro. A súa fundación oficial é o 16 de abril de 1859, aínda que a súa orixe é pretérita. A súa poboación é de 25.031 hab.
Localízase sobre a marxe leste do Río Uruguai, conta cun porto de augas profundas e encóntrase unida á Provincia de Entre Ríos, República Arxentina pola ponte internacional denominada "Puente Libertador General San Martín".
Desde 2006 a cidade cobrou notoriedade a raíz do conflito pola instalación de dúas plantas produtoras de pasta celulósica próximas á Ponte Internacional e á cidade arxentina de Gualeguaychú.