Ficheiro:San Bieito, Gondomar, igrexa.jpg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ficheiro orixinal(2.468 × 3.063 píxeles; tamaño do ficheiro: 3,13 MB; tipo MIME: image/jpeg)

Resumo

Descrición
Galego: Presenta planta de cruz latina: unha nave central e dúas capelas laterais, que forman a cruz.

Foi reformada no século XIX, por iniciativa do párroco, D. Xosé Mariño González, que estivo nela de 1887 ata 1914.

Na fachada principal ten unha ornamentación ben coidada. Encádrase con dúas pilastras laterais que teñen capitel simulado e basa con moldura. Rematan con pináculos na cuberta distintos aos do resto da cuberta. Toda a fachada remátase cunha cornixa continua dende o beiril ata a rúa central.

Na rúa central, por riba da porta de entrada está o rosetón e, máis alto, o escudo de S. Bieito, rematando con cornixa e axedrezado no que apoia a torre do campanario.

A porta principal é de arco de medio punto peraltado, que se apoia sobre dous pares de xambas. Na primeira alóxanse un par de columnas entregas, coroadas de capitel composto e apoiadas nun dado en chafrán. No arco da arquivolta interior ten como adorno unha estrela en cada unha das nove doelas semellando ménsulas en apoios. O frontón é triangular e está adornado con molduras que forman o símbolo de (IHS) en distintos planos.

Nas rúas laterais da fachada principal, no primeiro corpo, ten dúas ventás lisas en forma de cruz. No segundo corpo, outras dúas que, para semellar a porta principal, rematan en arcos de medio punto e molduras para formar unha pestana semicircular. Apóianse en resaltes semellantes aos da porta.

O rosetón abucínase cara ao interior e a súa celosía semella unha flor de oito pétalos con botón central. Dende a fronte está oculto pola cruz que remata o frontón da porta. Ten dúas sancristías, unha a cada lado do presbiterio.

Na fachada da parte norte engadiuse unha capela que, na actualidade, serve como capela penitencial, e na festa é onde se recollen as esmolas e ofrendas a S. Bieito. As fachadas teñen pilastras nos seus extremos coroadas por moldura lineal, similar á cornixa na que rematan para acoller a cuberta. Aproximadamente no medio da nave teñen cada unha delas un contraforte para arrostrar a fábrica.

Na fachada leste, o muro é piñón e remátase no pincho cunha cruz. Con toda probabilidade, na súa orixe, os muros estiveron revestidos e encalados. As portas laterais presentan recercados, enmochetados e derrames nas súas caras interiores, e o lintel forma unha pestana sobre os ocos.

As ventás tamén están recercadas e os seus derrames son abucinados. Polo interior están cubertas por vidreiras.

Nos vértices da cuberta ten como adorno uns pináculos moi estilizados e distintos aos que rematan as pilastras da fachada principal.

A ábsida ten bóveda de aresta. Tamén ten bóveda de aresta nos dous tramos da nave, apoiada en arcos formeiros de medio punto e pilastras. A cúpula do cruceiro é máis elevada que as bóvedas e descansa en catro columnas. A bóveda da sancristía é de canón. Todas as bóvedas están encaladas contrastando coa cantería dos muros.

Tanto na ábsida coma na nave ten floróns para decoración.
Data
Orixe

San Bieito, Gondomar, igrexa

Autoría HombreDHojalata from Spain
Localización da cámara42° 06′ 43,47″ N, 8° 45′ 31,24″ O Kartographer map based on OpenStreetMap.Esta e outras imaxes na súa localización en: OpenStreetMapinfo

Licenza

w:gl:Creative Commons
recoñecemento compartir igual
Este ficheiro está licenciado baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual xenérico 2.0.
Vostede é libre de:
  • compartir – copiar, distribuír e difundir a obra
  • facer obras derivadas – adaptar a obra
Baixo as seguintes condicións:
  • recoñecemento – Debe indicar a debida atribución de autoría, fornecer unha ligazón á licenza e indicar se se realizaron cambios. Pode facer isto de calquera forma razoable, mais non nunha forma que indique que quen posúe a licenza apoia ou subscribe o seu uso da obra.
  • compartir igual – Se altera, transforma ou amplía este contido, debe publicar as súas contribucións baixo a mesma licenza ou outra compatible á orixinal.
A revisión desta imaxe, publicada orixinalmente no Flickr, levouna a cabo o administrador ou revisor File Upload Bot (Magnus Manske) o día October 10, 2010, e resolveu que nesa data estaba dispoñible no Flickr baixo a licenza citada enriba.

Pés de foto

Engada unha explicación dunha liña do representa este ficheiro

Elementos retratados neste ficheiro

representa a

42°6'43.474"N, 8°45'31.241"W

0,003125 segundo

38 milímetro

Historial do ficheiro

Prema nunha data/hora para ver o ficheiro tal e como estaba nese momento.

Data/HoraMiniaturaDimensiónsUsuarioComentario
actual10 de outubro de 2010 ás 16:48Miniatura da versión ás 16:48 do 10 de outubro de 20102.468 × 3.063 (3,13 MB)File Upload Bot (Magnus Manske){{Information |Description=Presenta planta de cruz latina: unha nave central e dúas capelas laterais, que forman a cruz. Foi reformada no século XIX, por iniciativa do párroco, D. Xosé Mariño González, que estivo nela de 1887 ata 1914. Na fachada

Uso global do ficheiro

Os seguintes wikis empregan esta imaxe:

Metadatos