Ferrocarril de Sóller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O tren á súa chegada a Sóller.

O Ferrocarril de Sóller é unha liña de ferrocarril de vía estreita da illa de Mallorca que une as cidades de Palma e Sóller, pasando por Son Sardina e Bunyola. O seu largo de vía é de 914 mm e ten unha lonxitude de 27,3 km.

A liña inaugurouse o 16 de abril de 1912[1] e é actualmente unha das poucas liñas ferroviarias privadas de España (xestiónaa a empresa Ferrocarril de Sóller S.A.), manténdose en activo por utilizar a maquinaria de principios do século XX, o que fai que esta liña teña interese turístico por si mesma. Foi construído grazas á contribución dos habitantes de Sóller.

A liña está dividida en dous tramos: o tren de Sóller propiamente dito, entre Palma e Sóller cun percorrido de 27,3 km, e o tranvía entre Sóller e o porto de Sóller con 4,9 km de percorrido.

Historia[editar | editar a fonte]

O Ferrocarril de Sóller ten a súa orixe a principios do século XX. O 15 de novembro de 1904 publicouse no concello de Sóller o estudo definitivo do trazado ferroviario. Non foi ata o 3 de xuño de 1907 cando se iniciaron as obras.

O 30 de setembro de 1911 chegou o primeiro tren á estación de Sóller, aínda que a inauguración oficial da liña Palma-Sóller foi o 16 de abril de 1912. A liña viuse complementada co tranvía que une Sóller co seu porto e que foi inaugurado o 4 de outubro de 1913. O 14 de xullo de 1929 completouse a electrificación da liña Palma-Sóller.

En 1973 estaba nunha situación financeira tan difícil que a compañía pediu ao Estado o seu peche.[2] Non obstante, ao converterse nun atractivo turístico, aumentou o seu uso e recibiu o apoio das institucións, evitando a súa desaparición.

Estacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "History". trendesoller.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2020. Consultado o 2019-06-29. 
  2. La Vanguardia Española, 30 de xaneiro de 1973

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]