Falacia afectiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Falacia afectiva é un termo usado polos Novos Críticos Americanos Wimsatt e Beardsley para describir a "confusión entre o poema e o seu resultado (o que é e o que fai). Para eles, o crítico debería considerar unha estrutura poética como formalmente auto-suficiente e non cometer o erro de considerar os seus efectos emotivos ou pragmáticos sobre o lector.

O concepto de falacia afectiva é un ataque á crítica impresionista, para a que a resposta dun lector a un poema é o indicador definitivo sobre o seu valor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]