Fairey Battle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fairey Battle
Tipobombardeiro lixeiro
FabricanteFairey Aviation Company
Primeiro voo10 de marzo de 1936
Introducidoxuño de 1937
Retirado1949
Principais usuariosRoyal Air Force
Forza Aérea de Bélxica
Real Forza Aérea de Australia
Real Forza Aérea do Canadá
Produción1937 - 1940
Unidades construídas2 201

O Fairey Battle é un bombardeiro lixeiro británico monomotor deseñado e fabricado por Fairey Aviation Company. Desenvolveuse a mediados dos anos 30 para a Royal Air Force (RAF) como un monoplano sucesor dos biplanos Hawker Hart e Hind. O Battle estaba impulsado polo mesmo motor de pistóns de alto rendemento Rolls-Royce Merlin que equipaba a varios cazas británicos contemporáneos como o Hawker Hurricane e o Supermarine Spitfire. O Battle era moito máis pesado, cunha tripulación de tres homes e unha carga de bombas. Aínda que foi unha gran mellora con respecto aos avións que o precederon, o Battle era relativamente lento (comparado cos Bf109 aos que tiña que enfrontarse), tiña un alcance limitado, e tiña tan só dúas metralladoras de 7,7 mm como armamento defensivo, polo que atopouse que era demasiado vulnerable aos cazas inimigos e ao fogo antiaéreo.[1]

O Fairey Battle usouse en operacións ao principio da segunda guerra mundial. Durante a "guerra de Mentira" o tipo tivo a distinción de conseguir a primeira vitoria aérea dun avión da RAF no conflito. En maio de 1940 os Battle da Advanced Air Striking Force sofreron moitas perdas, frecuentemente por riba do 50% dos avións que saían para unha misión. A finais de 1940 o tipo fora retirado do servizo en primeira liña e relegado a unidades de adestramento no exterior. Como un avión que se considerara unha gran promesa na era anterior á guerra, o Battle demostrou ser un dos avións no servizo da RAF máis decepcionantes.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ethell 1995, p. 177

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ethell, L. Jeffrey. Aircraft of World War II. Glasgow: HarperCollins Publishers, 1995. ISBN 0-00-470849-0.