Evento extremo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No ámbito das ciencias da Terra denomínase evento extremo a un acontecemento que, pola súa magnitude, non se repite con frecuencia. Noutras palabras, é un evento que ten período de retorno elevado. Por exemplo: inundacións que se repiten cada 100 ou máis anos.