Estación Central de Helsinki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 60°10′19″N 24°56′29″E / 60.17194°N 24.94139°E / 60.17194; 24.94139

Estación Central de Helsinki

A Estación Central de Helsinki (en finés: Helsingin päärautatieasema, en sueco: Helsingfors centralstation) é o principal nó de transporte público da cidade de Helsinki, en Finlandia. Dela parten a maioría de liñas férreas que vertebran o país. A terminal está conectada coa rede de metro de Helsinki a través da estación de Rautatientori.

O edificio da estación, que data de 1860, é un monumento destacable do centro da cidade, obra do arquitecto Eliel Saarinen. Presenta certa similitude coa estación da Coruña, construída posteriormente. A estación está cuberta en gran parte por granito finlandés e os seus elementos máis característicos son a torre do reloxo e os dous pares de estatuas, esculpidas por Emil Wikström, que sosteñen catro globos luminosos nos dous laterais da entrada principal.

A estación ten un tráfico de aproximadamente 200.000 pasaxeiros diarios, sendo a máis importante de Finlandia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación Central de Helsinki