Martín Torrado Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 17 de abril de 2019 ás 20:59 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{en uso}} {{aviso|texto traído do artigo Décimas ao Apóstolo Santiago}} Martín Torrado naceu en Santa María de Leiro, en Rianxo. Foi bautizado o 2 de Decembro de 1621. O...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Martín Torrado naceu en Santa María de Leiro, en Rianxo. Foi bautizado o 2 de Decembro de 1621. O seu pai, Juan da Figueira Torrado, nacera en Isorna e descendía dos Torrados do pazo de Asados; o seu bisavó fora Fernán Mariño, señor da casa e do pazo de Vimieiro en Boiro. A súa nai, unha Somoza, naceu en Leiro.

Foi Colexial de Fonseca, onde disfrutou dunha beca de Teólogo. En 1627 oposita e gaña cátedra. Desde entonces desempeña a “Regencia de Medianos”. A súa figura faise simpática dende a mesma oposición, onde os contrincantes acordan renunciar ao libramento de vinte ducados e el o deixa en beneficio dalgúns compañeiros. En 1637 vémolo asistir a grados na capela de Don Lope e dez anos despois en posesión do catedrático de Mediciña, Dr. Tomás de la Míllara. En 1645 obtén a beca en Teoloxía e, en 1651, foi elixido Reitor do Colexio de Fonseca (despois de exercer de abade en Urdilde e San Miguel de Boullón), un ano antes da súa morte.