Espádice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espádice dunha flor cadáver

O espádice é un tipo especial de acio, unha inflorescencia con flores pequenas apiladas sobre un raque espeso e carnoso, tomando o aspecto de unha espiga. Atópase en certas liliópsidas (monocotiledóneas), especialmente na familia Araceae, razón pola que estas se chamaban anteriormente espadicifloras.

Nestas inflorescencias existe comunmente unha espata (bráctea grande), xeralmente vistosa e solitaria, rodeando ou pechando parcialmente a partir de abaixo o espádice. A "flor" do Anthurium é un espádice típico con espata grande e vistosa. O espádice da Amorphophallus titanum é frecuentemente citado por seren "a maior das flores", aínda que se trate na realidade de unha inflorescencia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]