Escudo do Nepal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo do Nepal

O escudo de Nepal foi adoptada o 30 de decembro de 2006 con motivo do período de reconciliación iniciado co fin da Guerra Civil Nepalesa. Na parte superior do escudo aparece a bandeira do Nepal, situada sobre unha representación do Monte Everest que está precedida duns outeiros verdes, símbolo das rexións montañosas do país e dunha silueta branca coa forma de Nepal. Baixo a silueta do país aparecen, collidos da man, un brazo masculino e outro feminino simbolizando a igualdade de xénero.

Os elementos do escudo mencionados aparecen rodeados por unha grilanda feita con flores e follas de rododendro (esta flor é un dos símbolos nacionais).

Na parte inferior do escudo aparece representada de cor amarela ou dourada a fertilidade da rexión de Terai, unha coroa de loureiro trazada esquematicamente e unha cinta de cor vermella na que aparece escrito en sánscrito o lema nacional: जननी जन्मभूमिश्च स्वर्गादपी गरीयसी (jananī janmabhūmiśca svargādapi garīyasī) que significa "A nai e a patria son máis grandes que o Reino dos Ceos" (Svarga).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]