Escudo das Illas Canarias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo das Illas Canarias
Detalles
ArmigerIllas Canarias
Adoptado1982
CristaCoroa real
EscudoCampo de azur con sete illas de prata
AlicerceDous cans de presa canarios
DivisaOcéano

O escudo das Illas Canarias é un dos símbolos da comunidade, e é oficial dende 1982 grazas á lei orgánica 10/1982 sobre o "Estatuto de Autonomía das Canarias".

No sexto artigo deste estatuto disponse:

"Canarias ten escudo propio, cuxa descrición é a seguinte: en campo de azur trae sete illas de prata ben ordenadas, dúas, dúas, dúas e unha esta última en punta. Como timbre unha coroa real de ouro, surmontada dunha cinta de prata co lema «Océano» de sable e como soportes dous cans na súa cor encolarados".

Segundo o BOC, o azul do escudo é Pantone 3005 (RGB 7.104.169), o marrón dos cans Pantone 722 (RGB 216.143.31), o dourado da coroa Pantone 7406 (RGB 255.204.0), o vermello da coroa Pantone 485 (RGB 254.0.12) e a cor prata da cinta Pantone 7544 (RGB 145.143.144).

Polémica polos cans[editar | editar a fonte]

Existe unha recentes polémica[1] arredor da representación dos cans (can de presa canario) no escudo. Este feito motivou en parte a que o Goberno das Canarias suprimise os dous cans nos impresos oficiais e edificios públicos, se ben os mantivo no escudo das Canarias.[1]

Popularmente atribúese que o nome do arquipélago canario provén do can de presa canario,[1] e segundo unha lei do Goberno das Canarias vixente dende 1991, o can é o símbolo natural de Gran Canaria xunto co cardón.[2] Por esta razón, os detractores do escudo argumentan que só representan a illa de Gran Canaria e non o arquipélago na súa totalidade.

Tamén houbo unha moción para eliminar o colar de ámbolos dous animais, pois arguméntase (sobre todo dende eidos independentistas) que fai alusión á idea de que os colares teñen un significado de "submisión".[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]