Escalvianos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Escalvianos no contexto das outras tribos bálticas, polo 1200. Os bálticos orientais amósanse nunha tonalidade marrón mentres que os bálticos occidentais amósanse en tonalidade verde. As fronteiras son aproximadas, orientativas.

Os escalvianos (alemán: Schalauer; lituano: Skalviai), tamén coñecidos coma escalovianos, eran unha tribo báltica relacionados cos prusianos. De acordo co Chronicon terrae Prussiae de Peter von Dusburg, os hoxe extintos escalovianos habitaban a terra de Escalovia ao sur dos curonianos, pola ribeira baixa do río Neman sobre o 1240.

De acordo coas crónicas de Prusia, o nome da tribo deriva dos irmáns prusianos chamados Schalauo. O centro de Escalovia suponse que tiña que ser Ragnit (Raganite).

Segundo as escavacións arqueolóxicas, crese que os escalovianos estiveron relacionados con outros pobos bálticos coma os curonianos e moito máis distantes dos bálticos orientais coma os letóns e lituanos.