Epi e Blas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Epi e Blas[1] (Ernie and Bert na versión orixinal en inglés) son dous monicreques con aparición regular no programa televisivo Sesame Street (Barrio Sésamo en España). En España os seus nomes foron traducidos tomando a primeira letra dos nomes na versión en inglés Bert (Blas: Brais) e Ernie (Epi). Aparecen en moitos números cómicos que se convertiron nunha das principais atraccións do programa.

Orixe[editar | editar a fonte]

Construídos por Don Sahlin con espuma sintética e felpa a partir dun bosquexo simple de Jim Henson, apareceron por vez primeira no programa nos Estados Unidos en 1969 (sendo os dous únicos Muppets que apareceron no episodio piloto de Sesame Street), entre outros personaxes como Kermit the Frog (a Ra Gustavo), como parte dun programa educativo para nenos xunto co resto do programa, que acabaría tendo un éxito internacional.

Personalidade[editar | editar a fonte]

Segundo Frank Oz, a personalidade básica dos personaxes foi desenvolvida polo propio Sahlin baseándose no contraste do seu aspecto (Ernie/Epi é pequeno e de rostro horizontal mentres que Bert/Blas é alto e vertical), posto que o que se procuraba para Sesame Street era a interacción entrambos. O personaje de Epi interpreta un papel infantil e fedello e o de Blas o dun adulto responsábel aínda que fungón e aparentemente aburrecido. Son comúns as escenas nas que a Epi se lle ocorre algunha idea disparatada e Blas intenta convencelo de que a abandone, normalmente con pouco éxito, polo que acaba perdendo os estribos ou chega incluso até desfalecer, mentres que Epi permanece alleo ao que está a acontecer.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Epi e Blas tamén apareceron nun episodio de Family Guy, no que aparecen compartindo cama e comportándose coma unha parella homosexual.

Jim Henson dedicouse desde o principio e durante anos a dar vida e voz (en inglés) a Epi, mentres que o papel de Blas quedou a cargo de Frank Oz.

A voz castelá de Epi en España foi dobrada por Jordi Hurtado e Sergio Zamora.

En 2012 os responsábeis do telescopio de neutrinos IceCube anunciaron a detección de dous neutrinos superenerxéticos, de máis de 1 000 teralectronvoltios. Os seus descubridores denomináronons Bert e Ernie en honra a estes personaxes.[2]

Estes personaxes aparecen coma monicreques no parque de atraccións de Port Aventura en Tarragona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sesame Street nunca se emitiu en galego, estes dous personaxes coñécense en Galicia co nome dado en España na verisón castelá: Barrio Sésamo emitida en Televisión Española nos anos 80 do século XX
  2. Alicia, Rivera (21 de novembro de 2013). "Los neutrinos captados en la Antártida abren una nueva ventana al universo". http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/11/21/actualidad/1385061345_629934.html.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]