EDI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

EDI é o acrónimo inglés para o intercambio electrónico de datos (en inglés electronic data interchange). Refírese á transmisión estruturada de datos entre organizacións por medios electrónicos. Emprégase para transferir documentos electrónicos ou datos de negocios entre un sistema informático e outro. Este intercambio pode realizarse en diferentes formatos: EDIFACT, XML, ANSI, ASC, X12, TXT, etc.

Características[editar | editar a fonte]

Albarás, facturas, ordes de compra e outros documentos comerciais electrónicos poden tramitarse directamente dende o sistema informático da empresa emisora ó sistema informático da empresa receptora, co consecuente aforro en tempo e evitando os erros da comunicación tradicional en papel

EDIFACT, o formato de máis amplo uso, é un estándar da Organización das Nacións Unidas para o intercambio de documentos comerciais no ámbito mundial. Existindo diversas variantes axeitadas para cada área de negocio (distribución, automoción, transporte, aduanas, etc) ou para cada país. Así, por exemplo, AECOC regula o estándar EDI do sector da distribución. Para o intercambio deste tipo de información adóitase empregar as redes de valor engadido. Ademais do intercambio de información, estas redes permiten o seu rexistro ou gravación.

Exemplos de aplicacións compatíbeis con EDI[editar | editar a fonte]

  • BizLayer é unha plataforma de facturación electrónica, con ampla utilización no sector turístico en España. Esta plataforma permite a aquelas empresas que xestionan as súas facturas en formatos de EDI (EDIFACT), e por medido da súa rede, colócalas na plataforma de facturación BizLayer para a súa xestión posterior, dunha forma sinxela e segura.
  • SERESNET é un software propietario de comunicacións EDI multiformato (EDIFACT, XML, ODETTE, etc.) e multiprotocolo (SMTP, VAN, AS2, etc.). Permite a integración coa maioría de ERP do mercado e lugares web. Desenvolvido pola empresa SERES, está perfectamente integrado para o uso da factura telemática con firma electrónica por AECOC.
  • IBM WebSphere Datapower Appliances, é un dispositivo de alto desempeño que permite realizar tarefas de integración e transformación entre distintos formatos e protocolos; en especial XML, EDI, CSV e outros.