Alvin Julian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Doggie Julian")

Alvin F. "Doggie" Julian, nado o 5 de abril de 1901 en Redding, Pensilvania e falecido o 28 de xullo de 1967 foi un coñecido adestrador estadounidense de baloncesto universitario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de graduarse en 1923 na Universidade de Bucknell en Lewisburg, Pensilvania, gañou fama liderando á Universidade Holy Cross cara o título da NCAA en 1947. O seu equipo, que incluía á futura lenda da NBA Bob Cousy, repetiu éxito ao ano seguinte, perdendo en semifinais. Julian foi posteriormente contratado polos Boston Celtics despois dos seus éxitos universitarios, mais so conseguiu un rexistro de 47-81 antes da súa dimisión en 1950. Julian volveu ás competicións universitarias, adestrando á Universidade de Dartmouth de 1950 a 1967. Julian foi introducido no Basketball Hall of Fame como adestrador en 1968.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]