Dialecto guipuscoano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Extensión dos dialectos do éuscaro

O guipuscoano (gipuzkera en éuscaro) é un dialecto do éuscaro, tamén coñecido como dialecto central, que se fala na parte central de Guipúscoa así como no val de Sakana (Navarra).

Índice

[editar] Extensión

O guipuscoano non se fala en toda Guipúscoa. Na conca do río Deva, desde Salinas de Léniz ata Elgoibar, fálase biscaíño, e en Oyarzun e na conca do río Bidasoa fálase alto-navarro. Con todo, a fronteira entre o guipuscoano e o alto-navarro está cambiando en favor dos trazos guipuscoanos, seguramente a consecuencia do prestixio que tivo durante moito tempo e a influencia dos medios de comunicación en Guipúscoa.

[editar] Variantes do guipuscoano

O guipuscoano actual ten catro variantes principais:

[editar] Importancia

O guipuscoano foi un dos principais dialectos históricos do éuscaro, e foi lingua literaria desde o século XVIII en diante.

Hoxe en día o guipuscoano, do mesmo xeito que os demais dialectos do éuscaro, e en xeral o éuscaro que falan os guipuscoanos, está cambiando co éuscaro batúa, debido á forza que teñen os medios de comunicación e a literatura.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas