Deustu Arraun Taldea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Deustu Arraun Taldea é un club de remo do distrito de Deustu da cidade de Bilbao, Biscaia (Euskadi). Viste de vermello e trátase do único club de remo de Bilbao. O seu patrocinador oficial é Tecuni.

Historia[editar | editar a fonte]

O Deustu AT comezou a súa andaina en 1981 nunha lonxa da Ribeira de Zorrozaurre. Posteriormente ubicouse baixo a ponte de Deustu, ao carón das cocheiras de autobuses e nun local do I.C.E de Deustu. En 1983 trasladou as súas instalacións da antiga cervexeira de Deustu de Botica Vella, xunto ao xa desaparecido cargadoiro, onde as inundacións arrasaron practicamente con todo o material do que dispuña o club. Xa en 1984 inaugurouse o actual pavillón municipal na Ribeira de Deustu.

Cun reducido grupo que comezou a competir en bateles en 1982, gañando en 1983 dous campionatos de Biskaia e un subcampionato de España en categoría xuvenil. A raíz deses éxitos, o club sacou á auga unha traiñeira en 1984 que competiu ata 1992, volvendo a sacala do 1994 ao 1998.

No 2000 competiu baixo o nome de Deusto-Lutxana, e no 2002 co nome de Ibaizabal fusionado con Algorta. Logo de tres anos consolidando a traiñeira, no 2006 participou no grupo 2 da Liga ARC coincidindo co XXV aniversario do club, contando con 23 remeiros.

Logo de 28 anos da fundación do club tomatero, e despois de conseguir 8 vitorias na tempada 2009 (175 puntos en total), o Deustu AT conseguiu por primeira vez o ascenso directo á Liga ARC-1.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]