Dereito internacional privado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Dereito Internacional Privado é aquela rama do Dereito que ten como finalidade dirimir conflitos de xurisdición internacionais; conflitos lei aplicable e os conflitos de execución e determina-la condición xurídica dos estranxeiros.

Esta rama do Dereito analiza casos privados que teñan algún tipo de conexión con dous ou máis Estados, co fin de determinar cal é o que pode coñecer sobre o tema.

Nalgúns países a esta rama do dereito coñecese como Dereito Civil Internacional.

Cabe recalcar que o Dereito internacional privado non soluciona os conflitos, simplemente determina a norma ou lei de que país se debe utilizar na solución de conflitos internacionais, así como o xuíz que resolverá esta controversia.

Características do Dereito Internacional Privado[editar | editar a fonte]

  • É un Dereito nacional: Cada país dicta as súas propias normas de dereito internacional privado, o cal pode levar a conflitos entre os países.
  • É un Dereito positivo: As súas normas atópanse en diversos textos legais, preferentemente nos Códigos Civís. Así a todo, a máis importante das fontes son os tratados en que os países, a través de convencións, determinan a forma de resolve-los conflitos de leis.