Curriculum vitae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo latino curriculum vitae (que tamén pode escribirse en galego con til, currículum vitae) significa literalmente "carreira da vida", por analoxía e contraposición ao cursus honorum, a carreira profesional dos maxistrados romanos. Emprégase para referirse ao conxunto de méritos, estudos, cursos e experiencia laboral precisos para solicitar un emprego, que normalmente se recollen por escrito nun documento. Utilízase a miúdo na súa forma abreviada curriculum, aínda que en ocasións se pode atopar tamén a forma máis completa curriculum vitae et studiorum ("carreira da vida e dos estudos"). Este termo coexiste coa forma galega currículo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]