Cuantificador
Cuantificadores son aquelas partes da oración que cuantifican (expresan unha magnitude en números) con maior ou menor precisión da realidade. É precisamente a precisión o criterio que nos permite distinguir entre cuantificadores indefinidos, definidos e absolutos. Poden ter función pronominal, cando suplen un sintagma nominal (collín algúns), ou función adxectiva, cando o acompañan (collín algúns libros).
Cuantificadores indefinidos[editar | editar a fonte]
Non expresan a magnitude con exactitude. Sinalan obxectiva ou subxectivamente unha cantidade indefinida. Poden ser:
- Apreciativos: Chega ben, xa temos bastantes cartos.
- Correlativos: Non crin que tiveramos tantos cartos (manifestan unha valoración sobre a cantidade en relación a unha magnitude xa suposta)
Cuantificadores absolutos[editar | editar a fonte]
Sinalan a cantidade total ou negan a existencia de calquera cantidade.
O vocábulo "cero" pode ser ás veces cuantificador absoluto: cero graos, cero euros.
Cuantificadores definidos[editar | editar a fonte]
Precisan con exactitude as magnitudes cuantificando con precisión a realidade.
Cuantificadores definidos unitarios[editar | editar a fonte]
Tamén se chaman numerais cardinais.
Os cuantificadores definidos unitarios dous, tres e catro poden tamén desenvolver a función de cuantificadores indefinidos: Só sei catro cousas da vida.
É salientable que o cómputo de base cen coas centenas está inda presente na fala: dez centos, once centos, trece centos,... dezanove centos
Cuantificadores definidos partitivos[editar | editar a fonte]
Tamén se chaman numerais partitivos.
A partir de quíntuplo acostuma empregarse o unitario seguido da palabra veces.
Cuantificadores definidos multiplicativos[editar | editar a fonte]
Tamén se chaman numerais múltiplos.
Desenvolven a mesma función os substantivos carteirón ('cada unha das catro partes en que algo está dividido) e quiñón ('determinada parte da ganancia ou herdanza).
Cuantificadores definidos colectivos[editar | editar a fonte]
Tamén se chaman numerais colectivos.
Milleiros tamén é cuantificador definido colectivo.
Algúns substantivos son cuantificadores colectivos, mais non pronomes: bienio, trío, cuarteto, oitava, década, quincena, corentena (referido a días), lustro, século, milenio...
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cuantificador |