Conversa usuario:Lucia canabal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para alén do ben do mal é o primeiro libro publicado por Nietzsche trala edición privada, en corenta exemplares, da cuarta parte do Así falou Zarathustra en 1885. En Para alén do ben e do mal Nietzsche pasa revista a temas que, certamente, non eran descoñecidos nas súas obras anteriores. Máis aínda, comparando os simples índices de Humano, demasiado humano, e de Para alén do ben e do mal advíertese que son casi idénticos. Nembargantes, o modo de velos é distinto. A mirada «ilustrada» da época anterior a Así falou Zaratustra sufriu agora un cambio: o que procede de contemplar a figura do superhome. O «espiritu libre», concepto capital en toda a filosofia de Nietzsche, é o lazo que une aquela primeira época con esta otra posterior ó Zaratustra. Mais agora ese «espiritu libre» non é o mero «librepensador», senon un espíritu que está máis alá do ben e do mal. E ese estar máis alá do ben e do mal deixa sentir a súa influencia sobre todos e cada un dos temas tratados. Comeza o libro cunha crítica «dos prexuízos dos filósofos». A «vontade de verdade», aparentemente desinteresada e contemplativa, queda desenmascarada como vontade de poder; o que nos move a risa nos filósofos é a súa falta de honestidade, di Nietzsche, pois chaman «á verdade» ó que non constitúe máis que a súa «fe», á cal eles lle engadiron, con posterioridade, unhas razóns xustificadoras. Os filósofos son meros abogados da súa crenza. A contraposición entre o mundo real e o aparente, a crenza no atomismo (sobre todo no atomismo anímico), a crenza no instinto de autoconservación como instinto capital do vivente, a crenza nos coñecementos inmediatos, no suxeito, na vontade libre, son temas analizados nesta primeira sección, cuia cima se encontra sen dúbida no aforismo 19. «O espiritu libre» estúdiase na sección segunda, e a súa comparación co «espiritu libre» anterior a Así falou Zaratustra mostra con claridade que a «repetición» do tema é unha repetición desde unha perspectiva moi distinta. A defensa da verdade a toda costa, tan ensalzada naquela primeira época, queda aquí sometida a burla. E a importante distinción entre unha época premoral, unha segunda moral e outra terceira extramoral da humanidade (véase aforismo 32) servirá a Nietzsche para ulteriores plantexamentos.. Tamén a sección terceira é unha repetición (Humano, demasiado humano, ten, en efecto, unha sección titulada «A vida relixiosa»). O descubrimento da rebelión dos escravos na moral é posiblemente a fórmula que máis se divulgou. Pero hai outras análises que revelan unha extremada penetración psicolóxica, así, por exemplo, os das distintas clases de paixón por Deus (aforismo 50), os das relacións entre filosofia moderna e relixión (aforismo 54), os dos distintos tipos de crueldade relixiosa (aforismo 55) e os da incredulidade (aforismo 58). A sección cuarta, titulada «Sentencias e interludios», é unha volta ó aforismo breve e punzante, de larga tradición en Nietzsche. E a quinta sinala as tarefas dunha nova «ciencia da moral», á que Nietzsche dedicará o libro seguinte a éste, A xenealoxía da moral. O exame do «intelectual europeo» diríase hoxe, enche a sección sexta. Nela Nietzsche sinala os perigros que ó surxemento do verdadeiro filósofo opón ó modo moderno de traballar na ciencia. En xeral, o home docto aparece nada máis que como un animal de tiro, nada máis que como un espello que se reduce a reflexar o que ó seu lado pasa, para poder eludir o enfrontarse a si mesmo. «Nosas virtudes» reza o título da sección séptima. E máis que nosas virtudes, a nosa virtude: a honestidade. Nesta sección encontramos, de maneira imprevista un largo tratado (aforismos 231 a 233) sobre a muller, onde Nietzsche expón unha serie de pensamentos que ridiculizan ante todo a «emancipación femenina» falsamente entendida. «Para un home profundo e ateo unha mujer sen piedade resulta algo completamente repugnante ou ridículo» . A sección octava é unha das máis próximas á época en que foi escrita e constitúe unha crítica implacable da política daquel tempo e, ante todo, do Reich. A irónica conversación dos vellos «patriotas» sobre Bismarck (aforismo 241), así como os aforismos dedicados ós xudeos (250-251) e os referentes a Francia, Inglaterra, Rusia, conteñen, por un lado, análises retrospectivos e, por outro, profecías que, lidas agora, asoman pola súa agudeza. A sección novena e última ten como tema básico o do surximento dunha nova casta que puidera sacar a Europa da súa postración e o seu empequeñecemento. Ó europeo daquela época contrapón Nietzsche o «bo europeo», no cal se encarna agora o «espiritu libre». Ese é un dos escalóns polos que poder ascender hacia o superhome. Como o son tamén esos novos filósofos que están aparecendo no horizonte e ós que Nietzsche alude desde o principio ata o final. O largo aforismo 295, dedicado ó «xenio do corazón», esto é, a Dioniso, enlaza Para alén do ben e do mal coa primeira obra de Nietzsche (aludida nese mesmo aforismo), O nacemento da traxedia. Pero mentres que nesta obra Dioniso era ante todo un símbolo estético, agora preséntase como un deus-filósofo, como un deus do coñecemento que outorga o seu saber ós seus discípulos, enriquecéndoos de tesouros. E o que ese deus quere é facer ó home «máis forte, máis malvado e máis profundo, tamén máis fermoso» .Polo apuntado aquí brevemente, podrá observarse que este libro constitúe en verdade, como o mesmo Nietzsche di, «unha crítica da modernidade» en tódolos seus aspectos. E nesa crítica «a psicoloxía é manexada cunha dureza e unha crueldade declaradas». «Este libro - di tamén Nietzsche- carece de toda palabra benévola» [1] [2]