Conversa usuario:Daniel (usurped)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Benvido Dani (que queres quete chamemos asi). Esperamos que a túa colaboración por pouca que sexa e cando sexa axude a ir medrando este proxecto. Podes espoñer e propoñer (queixas, cousas e un longo etc) na Taberna (en calqueral das súas partes -xeral, propostas ...-). Mencionas gustos sobor da música (pero hai que di que sobre gustos non hai nada escrito) e de que no amosas acordo con que conservatorios neguen a impartir variedades e estilos. ¿Que lles queres; xa dabondo chega conservarse eles mesmos?. Para esas outras cousas e moitas máis que, de seguro, cando deas unha volta pola Galipedia, as de ver que si podes colaborar moito máis do que en realidade crees. Ése sí é un bo conservatorio. O dito. Un saudo e benvido --Xelo2004 20:42, 26 Feb 2005 (UTC)
  • Benvido á Galipedia Daniel. Toda a axuda e pouca para sacar adiante este proxecto, por iso, sempre que se incorpora un novo colaborador é un motivo de ledicia para á comunidade. Paso a poñer os enlaces dalgúns recursos de utilidade desta wikipedia: o lugar de debate da comunidade é a Taberna, alí podes solicitar axuda se a necesitas. Nas seguintes páxinas hai información sobre o funcionamento da wikipedia galega: Wikipedia:Política e normas, Portal da Comunidade, na Categoría Wikipedia ou na parte superior da páxina de cambios recentes entre outras. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:06, 26 Feb 2005 (UTC)
  • Benvido, Daniel. Vin que tiñas un problema coa imaxe que cargaches, e correxina, espero que non che importe. En principio non se deben tocar as páxinas dos usuarios, pero como es novo no proxecto imaxinei que aínda non estás práctico no funcionamento da Galipedia e que non che importaría recibir unha axuda. Por suposto para calquera dúbida que teñas estamos todos dispostos a botarche unha man. Estou seguro que a túa axuda será valiosa, Saúdos.--Rocastelo 21:08, 26 Feb 2005 (UTC)
  • Fai a proba pon na ligazón da imaxe Image con minúscula, xa verás (ou mellor non verás) o que pasa, por certo tes boas colaboracións na wiki en castelán, todos agardamos que as da Galipedia sexan iguais ou mellores.--Rocastelo 22:14, 26 Feb 2005 (UTC)

Tiñas razón, o problema era do meu navegador. Co Firefox ( o que eu emprego) non se vía a imaxe, mentres que co Internet Explorer si se vía, saúdos. --Rocastelo 13:36, 27 Feb 2005 (UTC)

Modelos de marcador e mapas[editar a fonte]

Confio en que te sintas a gusto aquí e que poidas realizar un traballo produtivo, as políticas e normas desta wikipedia son algo distintas da wikipedia española en moitos aspectos, teno en conta (algunhas das políticas están escritas e outras son froito do traballo diario e debates da taberna). En canto ao mantemento e outras cuestións consideramos en primeiro lugar a versión inglesa e tamén miramos cara as versións portuguesa, francesa e alemana entre outras. En canto ao modelo benvida so comentar que nalgunha ocasión pensei en crealo pero non o fixen porque considerei que a benvida tiña que ser personaliza, aínda que houbese algunha información que se repetise. Estamos nunha wikipedia pequena e todavía podemos permitirnos ese luxo. Sobre Wikipedia:Mapa na wikipedia española teñen esa páxina porque ata hai pouco non tiñan o Portal da comunidade, polo tanto a información que aí aparece debería pasar á páxina citada seguindo o aspecto visual que ten o noso portal. Nós temos un marcador chamado {{en progreso}} para as páxinas nas que se está traballando, se se quere indicar que un usuario está traballando na páxina e non quere axuda quizais debería facerse unha variación dese marcador en lugar do actual {{enobras}} (para manter a unidade dos marcadores). Sobre o comentario do poder do administrador, non me considero un usuario distinto ao resto dos colaboradores da Galipedia, o único é que intento ser máis prudente en canto ao que fago e digo (supoño que aínda así me equivoco como todos), procuro someter a debate todo aquelo no que considero que poida haber diferenzas de opinión na taberna. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:59, 28 Feb 2005 (UTC)

  • Daniel, os concellos están catalogados nas comarcas oficiais, recoñecidas pola Xunta de Galicia, de teres dúbida que un concello non está ben catalogado vai á páxina oficial de comarcas de Galicia [1], e si verás que Baiona está na comarca de Vigo.--Rocastelo 20:20, 20 Abr 2005 (UTC)
  • Daniel, se tes dúbidas tamén podes consultar esta páxina, a comarca do Val Miñor non existe... Un saúdo --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 20:27, 20 Abr 2005 (UTC)
  • Iso pode ser, pero a Galipedia debe reflectir datos certos, en todo caso dentro do artigo pódese expór (con neutralidade) se a decisión de pertencer á Comarca de Vigo provocou tensións (ou reaccións negativas) no seu momento, ou tamén comentar, no lugar apropiado, da pertenza a unha comarca xeográfica ou histórica diferente á oficial.

Imaxe borrada[editar a fonte]

Boas. A túa imaxe Ficheiro:Eu e Acústica.jpg foi borrada por carecer de información de licenza dende o 2005. Un saúdo --Banjo tell me 19:08, 3 decembro 2007 (UTC)