Conversa usuario:BanjoBot 2.0/tarefas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boas, User:Banjo, quería avisar de que a contracción de con + un(s)/ha(s) ten excepcións:

http://academia.gal/documents/10157/704901/Normas+ortogr%C3%A1ficas+e+morfol%C3%B3xicas+do+idioma+galego.pdf

  • (...) O indefinido un(s), unha(s), (...) Cando se usa como pronominal (...) por contra, non se representa na escrita a contracción coa preposición con: tanto se comprometía con un coma con outro; cada domingo ía ao teatro con unha, nunca o viamos coa mesma rapaza.
  • (...) Os numerais un, unha, (...) Pola contra, cando son pronominais, normalmente contraen coas preposicións en e de, pero non coa preposición con, da mesma maneira ca o indefinido un(s), unha(s): equivocouse nunha ou en dúas respostas; con unha xa me abonda. Unhanova (conversa) 12 de xullo de 2017 ás 10:40 (UTC)[responder]