Conversa modelo:Cociña

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non entendo a función deste "template", nin o seu contido nin a razón de inserilo en artigos coma pan, queixo ou arroz.

Na primeira parte (alimentos) esquece produtos tan comúns e fundamentais como o leite, carne, peixe, froitas e verduras. Tamén esquece a auga e o viño, dous alimentos ben coñecidos.

Inclúe un "Sauces" que, se son salsas, non serían alimentos senón pratos preparados. Coma "postres" (que, por certo, non é galego: sería "sobremesas", e que esixirían, por coherencia, vir acompañados de "primeiros pratos").

A inclusión deste cadro nos artigos vai acompañada dunha marca "</no include>" que, de mante-lo cadro, haberá que arranxar.

Pedro --Lameiro 17:38, 28 xuño 2007 (UTC)