Conversa categoría:Literatura por lingua

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta categoría leva nomes que, penso eu deberianse mover para que leven concretamenta a palabra lingua, refirindose alingua e non ao un país. Que pensades? Veñode darmeconta que son máis dasque apuntei. Elvire 10:25, 19 outubro 2009 (UTC)

Literatura española ou literatura en lingua castelá?[editar a fonte]

Cando ía crear a Categoría:Xeración do 98 dinme conta de que non existe unha Categoría:Literatura española, onde tamén iría categorizada, por exemplo, Categoría:Xeración do 27 e onde tamén deberían ir Categoría:Obras literarias en castelán e Categoría:Escritores en lingua castelá. Concordades con esta clasificación?

E o nome máis acaído cal sería: Categoría:Literatura española ou Categoría:Literatura en lingua castelá? A min convénceme máis esta última pero gustaríame escoitar as vosas opinións. --Paradanta (Cóntame) 15:42, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

En xeral creo que debemos categorizar as obras literarias en categorías de literatura por lingua, e por outra banda en literatura de países. Por exemplo, Queixumes dos pinos en literatura en lingua galega e en literatura española, de modo que habería que ter unha categoría de literatura por país/estado. Este esquema permitiríanos ter a literatura en lingua francesa, por exemplo, categorizada distinguindo a orixe do escritor, que pode ser suízo ou vivir onde lle pete. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:12, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

O artigo da lingua está como lingua castelá polo que vexo máis coherente que a categoría nesa lingua sexa literatura en lingua castelá, ademais a outra alternativa creo que tería que ser literatura en lingua española, máis que nada para evitar confusións coa literatura en castelán de España que se adoita denominar Literatura española; Por certo a literatura galega non forma parte canonicamente da literatura española (podes coller calquera manual que se titule así e xa verás o que aparece de literatura galega, catalá ou vasca), e de feito ás veces utilízase a forma literaturas hispánicas para axuntar ás literaturas nas linguas de España.--Cheluco 15:54, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Eu non quwería entrar nese debate, senón no que é propio desta páxina de conversa. O que dixen sobre a literatura galega e a castelá é só un exemplo, pero podo trocalo por outro, e haiche ben deles onde escoller. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:14, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Entendo logo que o que querías propoñer era unha categoría do tipo: Literatura de España, Literatura de Portugal, Literatura dos Países Baixos, etc.--Cheluco 16:17, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)
Iso é. A obra XXX pode pertencer á literatura belga e á literatura en lingua francesa, por exemplo de novo. Mesmo a obra escrita por calquera señor emigrado/exiliado pode formar parte da da lingua tal, pero do país cal. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:30, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)
Iso xa trastoca toda a categorización da literatura na Galipedia. Non digo que non sexa axeitado, pero sobrepasa o obxectivo mínimo que eu me propuña ao encetar esta conversa. Logo, se creo Categoría:Literatura en lingua castelá, dentro subcategorizo:Obras literarias, Escritores e outras subcategorías que estean relacionadas (como as xeracións do 98 e do 27, por exemplo), non si?. O de crear as categorías de literatura polo seu Estado de orixe creo que xa é un tema que sobrepasa a conversa desta categoría e requiriría un consenso máis amplo na Taberna, na miña opinión. --Paradanta (Cóntame) 16:43, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Iso é certo, saímonos do rego. En calquera caso os cambios estruturais moitas veces nacen de necesidades puntuais. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:04, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)