Conversa:Xuventude Comunista Galega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non tén sentido iste artigo cando hai o de Xuventude Comunista. A "XCG" non é máis que a organización territorial da UJCE en Galiza, non é unha organización independente.

  • Alguén pode corroborar ese dato?. De ser certo hai que fusionar contidos e historiais. AlberteSi, digame? 12:08, 20 novembro 2007 (UTC)

Podes visitar a páxina oficial da Xuventude Comunista (Galega): www.xcgalega.org e observar que é a organización galega da UJCE. Esa organización emprega indistintamente tanto o nome XC como XCG. É certo que hai colgadas outras páxinas web da XC (ou XCG, como prefiras), mais iso é debido á lóxica tónica das organizacións xuvenís de ida e chegada de xente nova o cal dificulta a continuidade do traballo en certas tarefas. Como poderás ver a única páxina de todas isas que se actualiza de forma periódica e recente é a que citei anteriormente.