Conversa:Saqueo de Roma (1527)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Saqueo de Roma»)

Untitled[editar a fonte]

Categoría Historia de España? Serían soldados dun rei español, pero polo demais aquí só houbo alemáns, franceses, italianos..., todos de Pirineos para aló. E Roma queda en Italia. --Xoacas(Góstache o pemento?) 20:58, 25 marzo 2010 (UTC)

Eran soldados dun rei español, as súas ordes, de multiples orixes, tamén español. ¿Ou a batalla de Stalingrado non debería ser historia de Alemaña porque nela tamén participaron italianos e rumanos?--Carronada 22:08, 25 marzo 2010 (UTC)

Pois non sei, aquí xa entramos na discusión sobre si a historia dun lugar é o que acontece nese lugar ou é calquera outra cousa que ten que ver con ese lugar. Eu, obxectivando o subxectivo, sonche ben malo, e así prefiro seguir, pero a cousa resultoume chocante. Se ninguén pon peros, por min adiante, pero se alguén me pregunta (ninguén o vai facer) o de Roma é historia de Italia. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:21, 25 marzo 2010 (UTC)

Xa, pero non estamos falando da cidade de Roma en si, senon do suceso que aconteceu no que España ten un papel predominante, tamén é historia de Roma por suposto, e habería que debatir se é de Italia xa que daquela non estaba constituida como tal. --Carronada 22:35, 25 marzo 2010 (UTC)

Se o artigo Historia de Italia comeza na Idade do Ferro, o que aconteceu en tempos de Carlos V é parte da historia de Italia (por lóxica). --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:51, 25 marzo 2010 (UTC)

Se así comeza ese artigo, para min perfecta a categorización como está agora.--Carronada 23:04, 25 marzo 2010 (UTC)