Conversa:Ribeira Sacra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

http://www.xornalgalicia.es/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=1722&mode=thread&order=0&thold=0

A do xornal e copia da Wiki, simplemente[editar a fonte]

Hola, eu particpei nunha grande parte da redacción do artigo da wiki española, do que este artigo está traducido directamente. No artigo da devandita wiki española, pódese ver a antiguedade do artigo, creouse o 4 de setembro de 2006, e tamén se pode ver como se foi completando con frases e aportacións de outros usuarios, coma min. En cambio a páxina que ti aportas e unha especie de xornal, con información renovable, e esta e unha edicion de 17 de outubro de 2007. Malamente pode ser copia a wiki de este, senón xusto ó reves, polo cal solicito que se retire este pronto este aviso. Non podemos evitar que nos copien, pero si felicitarnos; significa que fixemos un bó traballo e o artgio ten calidade. Un saúdo.--Barfly2001 16:51, 17 outubro 2007 (UTC)

  • Si, pode ser que nos copien outros a nós, pero compre estar seguro de se foi antes o ovo ou a galiña. O feito de que nesa páxina aparez a data de hoxe non quere dicir que os textos que contén estean escritos hoxe: calqera xornal electrónico que abras che devolverá a data actual. Pedro --Lameiro (conversa) 16:56, 17 outubro 2007 (UTC)
    • Aínda máis: se nos fixamos na reportaxe de xornalgalicia.es, está datado o 27 de xuño de 2007, ás 11,17 PM, e o artigo da Galipedia é do día seguinte, 28 de xuño, ás 10.45. ¿Segues crendo que cho copiaron? Pedro --Lameiro (conversa) 17:02, 17 outubro 2007 (UTC)
Repítoche que tes que revisar o historial da wiki Española, que e de donde copiaron o artigo. A data de creación do artigo NON é 28 de xuño de 2007, senón 4 de outubro de 2006, tal como está recollido no historial de es:, e se fas comparacións das diferentes aportacións verás como cada un va engadindo o súa fraseciña e a súa aportación, ou sexa: ves o proceso de creación do artigo (o nque impide que algén poidera copiar en bloque, dado que se fixo en moitos pasos), e fai un ano. Dúbido moito que un xornal vaia a ter un ano ese artigo en portada, e se, como che indico, vas a Wiki española, poderas comprobalo por ti mesmo. Claro que estou convencido de que o copiaron, seino a ciencia certa, posto que participei, con otros, na súa creación paso a paso, e o artigo do xornal e un puro copy-paste da wiki española. O que non me molesta. O que si me molesta e que saibamos que fan copias dos artigos da wiki en todas partes e que sexamos mais papistas que o papa, e nos creemos problemas inesistentes. Como che digo, compróbao ti mesmo no historial de es:, hai te-la evidencia irrefutable, sin mais. Un saúdo.--Barfly2001 17:10, 17 outubro 2007 (UTC)
A parte que revisando o historial en gl: vexo que o trouxen eu precisamente, e podoche dicir de donde, do mesmo sitio que acabo de traer a segunda parte, relativa a orixe do nome: de es:, cosa que fixen xa con outros artigos.--Barfly2001 17:16, 17 outubro 2007 (UTC)
    • Tes toda a razón. Pódese comprobar que a reportaxe de xornalgalicia coincide co texto de es.wikipedia ata o 27 de xuño. Pedro --Lameiro (conversa) 17:30, 17 outubro 2007 (UTC)

Faltan concellos[editar a fonte]

Un dos concellos que faltan na Ribeira Sacra e o de Carballedo

¿Ligazón rota?[editar a fonte]

As discisións sobre a orixe do nome teñen como referencia a web http://www.xornal.usc.es/opinion_amp.asp?p=8763, pero o caso é que a min non se me abre. ¿Problema meu ou desapareceu ese xornal? Pedro --Lameiro (conversa) 11:57, 8 decembro 2009 (UTC)

A min tampouco me abre a ligazón. --Alberte Si, dígame? 12:27, 8 decembro 2009 (UTC)
Cambiara o enderezo, xa o corrixín.--RNC 13:05, 8 decembro 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ribeira Sacra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 12:59 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ribeira Sacra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de setembro de 2019 ás 16:23 (UTC)[responder]