Conversa:Riós

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

"ao" é unha forma recoñecida e recomendada polas vixentes normas ortográficas. O chopo e o amieiro non son a mesma especie. O amieiro medra de forma natural na comarca mentres que o chopo é plantado con vistas á súa explotación comercial. A forma arredor ou ao redor son preferidas a "ó redor". Do mesmo xeito, a forma "ámbolos" na normativa vixente é desconsellada fronte a "ambos os". A descrición que se fai da vivenda típica no Riós coincide coa típica casa rural ourensá e coido que é interesante marcar esta semellanza posto que aínda que xeograficamente o Riós pertence á Galicia oriental os seus rasgos idomáticos e culturais son os propios da Galicia central ourensá.

Mensaxe copiado da páxina de usuario da IP 83.57.33.30 (...). Estás facendo unha serie de cambios no artigo Riós que xa revertín un par de veces. Explícochos aquí:
  1. Ao é unha forma admitida, pero tamén o é ó. A liña que se segue na wikipedia é que non se poden facer correccións sobre formas válidas, se as dúas o son. Por iso desfixen os cambios. Igual pasa coas demais modificacións.
  2. Os chopos non son igual cós amieiros. Pero se hai un usuario que dixo amieiros e ti cres que son chopos, tes que achegar unha referencia que o contradiga. Non mudalo porque si. Os demais usuarios non sabemos se alí hai amieiros ou non.
  3. Con respecto ao da casa, outro tanto do mesmo. Dis que as casas semellan as de Ourense (provincia? cidade? concello?). Iso necesita ser referenciado. Non chega con que a ti cho parezan.

Por outra parte, e aínda que non é necesario, molaba que te rexistrases como usuario. Iso axudaríanos a manter unha comunicación máis fluída, a que saibamos cando editas ti e cando edita outra persoa anonimamente, etc. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 11:04, 9 febreiro 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Riós. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 24 de abril de 2019 ás 04:43 (UTC)[responder]

Riós é a única forma oficial, logo é de aplicación a política oficial que se establece en Wikipedia:Toponimia: "Séguese a toponimia oficial segundo a documentación que existe na páxina da Xunta de Galicia: Toponimia oficial e Nomenclátor de Galicia".--HacheDous=0 (conversa) 21 de xaneiro de 2021 ás 21:47 (UTC)[responder]

Mudei a referencia pola fonte de Toponimia de Galicia onde se indica que O Riós está pendente de oficializar.--HacheDous=0 (conversa) 22 de xaneiro de 2021 ás 13:13 (UTC)[responder]