Conversa:Río Ulla

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nacemento do río Ulla[editar a fonte]

Procedo a modificar o dato de nacemento do río Ulla; que segundo todas as fontes (incluida a versión en español da Wikipedia) nace na Parroquia de Olveda, no Concello de Antas de Ulla.

Con respecto á fonte do Ulla, hai quen di que nace en Monterroso: A Gran Enciclopedia Gallega indica que nace o río en Monterroso, estando as súas fontes en Ansar, no monte Picouzo, e entre San Estevo e Fondevila. Únese ó primitivo regueiro o Rial, no mesmo concello, e pouco despois o Ribeiro.[1] E di despois a páxina: Sen embargo, J. Varela, vía Internet, fainos saber que, conforme os seus datos, o río moi posiblemente nace nunha fonte que se encontra nun predio da parroquia de Olveda (concello de Antas de Ulla). Había que clarexar algo isto... --Calq (conversa) 13:57, 29 de abril de 2012 (UTC)

Segundo varios mapas (os do Instituto Xeográfico Nacional, tanto 1:25.000, como 1:50.000, como a base vectorial; o de Google Maps) o nacemento ubícase moi preto do lugar de Cal de Mourelle, na parroquia de Santo Estevo de Ansar, no concello de Taboada. O Catastro marca o mesmo regueiro como nacemento, se ben o corta no límite dos términos municipais de Monterroso e Taboada. Os mapas da Base Territorial de Galicia de "1990" (PDF).  e "2003" (PDF).  marcan outro afluente dese regueiro como o Río Ulla, e nacería no Couto de Mourelle, parroquia de Ansar, Taboada. Eu considero como fontes fiables eses mapas, en especial o MTN25 (Instituto Xeográfico Nacional 1:25.000), e ademais non se contradí moito coa GEG. --Iagocasabiell (conversa) 6 de abril de 2016 ás 00:01 (UTC)[responder]
Segundo un recente estudo realizado polo xeógrafo José Horacio García, profesor da USC, publicado na revista Cairón 5 (2021), que edita o Instituto de Estudos Ulloáns (ISSN 2603-8471), ubícase a fonte orixe do río Ulla na Chousa da Poteira da parroquia de Olveda (Antas de Ulla). Estimo, polo tanto, como válida a redacción actual do artigo feita polo usuario Calq. En base a isto, modifico o faldón lateral que discorda coa info do propio artigo. Saúde Satna (Ti dirás) 23 de novembro de 2021 ás 16:55 (UTC)[responder]