Conversa:Praia da Lanzada

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O artigo está categorizado como Praias do Grove. Lóxico, tendo en conta que o 90% da súa lonxitude está no término municipal (2,50 km) fonte a 250 m que están en territorio de Sanxenxo. Son medidas tomadas do SIXPAC. Por iso cómpre matizar iso de que dispón de bandeira azul: desde hai dous anos (polo menos), O Grove renunciou ás bandeiras azuis.

Non é certo que Area Gorda e praia Lapa sexan tramos da Lanzada con nomes locais. Son praias propias. Si sería nome local o de Sanatorio, que aquí lle damos ó tramo norte da praia, fronte a un antigo sanatorio antituberculoso.

Por todo o anterior, corrixo o artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 12 de setembro de 2019 ás 18:23 (UTC)[responder]