Conversa:Populus

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non parece apropiado vista a longa explicación que se dá na nota [1] darlle o nome de "lamigueiro" á páxina. Consultado o DRAG pode verse que dá como formas principais e sinónimas "chopo" e "álamo" para as diversas especies do xénero Populus, relegando "lamigueiro" a forma equivalente do Populus Nigra: "chopo/álamo negro". Polo contrario, como se pode ver na seguinte ligazón: https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#66983203 en dúas obras especializadas recentes "lamigueiro" emprégase para designar a especie Ulmus glabra, tamén coñecida como "olmo de montaña". Por tanto, creo que sería conveniente mudar o nome da páxina, como noutras linguas, ao nome científico do xénero: Populus, refacendo a redacción e dando "chopo" e "álamo" como nomes comúns das especies.

Marcio (conversa) 8 de xuño de 2016 ás 20:39 (UTC)[responder]

Todas as especies de Populus reciben o nome vulgar de chopo (tamén álamo), non sei se ambas son de orixe castelá, porque en Galicia non son comúns, pero, con todo, están recollidas na RAG (curiosamente en portugués é choupo, e alí si hai chopos). Deixando o tema do lamigueiro; chopo vén de populus e a Galipedia prefire nomes vulgares (incluso para os xéneros: véxase salgueiro, carballo, pradairo...) polo que a entrada do artigo debería ser chopo. Nachonion (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 01:29 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Populus. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de abril de 2019 ás 07:07 (UTC)[responder]