Conversa:PH

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non sei se tecnicamente será posible que o título comece con minúscula, pero o correcto é pH (p minúsculo H maiúsculo). Pedro --Lameiro 22:49, 25 setembro 2007 (UTC)

  • Polo que sei eu, aínda que as normas da Galipedia restrinxen o uso de maíuscula inicial a certo tipo de artigos, o título amósase sempre empezado en maiúscula. Aínda que o escriban en minúscula. --Gallaecio 22:52, 25 setembro 2007 (UTC)

Non sei como se fai, pero na wiki en inglés hai artigos co título comezando con minúscula ainda que no navegador a dirección apareza con maiúscula, este mesmo por exemplo. --Emilio juanatey 23:04, 25 setembro 2007 (UTC)

Ligazón externa[editar a fonte]

A información da ligazón externa é boa (demasiado técnica, quizais, pero boa). O único problema é que se trata da páxina dunha empresa comercial e non sei onde estan os lindes coa publicidade encuberta. Pedro --Lameiro (conversa) 21:47, 12 maio 2009 (UTC)

  • Eu non entendo moito do tema pero se engade información ou materiais que non aparece noutras webs digamos sen ánimo de lucro eu entendo que pode permanecer pola contra se esa información ou eses cálculos aparecen noutro tipo de páxinas considero que se debe dar preferencia ás páxinas que non teñan ánimo de lucro.--RNC 21:53, 12 maio 2009 (UTC)